Aula de Cinema e Imaxe
A Aula de Cine e Imaxe da Universidade da Coruña é un instrumento que, configurado polo Vicerreitorado de Extensión Universitaria, ponse ao servizo dos estudantes do campus da Universidade, e tamén, no seu afán de manter un contacto directo coa vida cultural da cidade, dos cidadáns da Coruña.
O seu labor principal será a de complemento docente e divulgativo da Historia e a Estética da Arte Cinematográfica, mediante a programación de Ciclos de Cine, a realización de Conferencias e Seminarios, e o desenvolvemento de Cursos de Cine –durante o todo o ano académico-, nos que participarán especialistas da nosa universidade e de universidades foráneas.
Non se perderá de vista, a necesaria conexión que as nosas actividades deben ter coas diferentes disciplinas que se imparten na Universidade da Coruña (psicoloxía, socioloxía, humanidades...), así como a reflexión teórica sobre o cine e as súas relacións coas artes irmás, ou máis próximas –literatura, teatro, pintura, arquitectura-, resultando de todo isto, un enfoque interdisciplinar, afondando tamén na importante incidencia social e política, que como discurso artístico de masas que fai circular valores en maior medida que case ningún outro, ten a chamada arte do século XX.