Castellano English

Aula de Cinema e Imaxe

A Aula de Cine e Imaxe da Universidade da Coruña é un instrumento que, configurado polo Vicerreitorado de Extensión Universitaria, ponse ao servizo dos estudantes do campus da Universidade, e tamén, no seu afán de manter un contacto directo coa vida cultural da cidade, dos cidadáns da Coruña.

O seu labor principal será a de complemento docente e divulgativo da Historia e a Estética da Arte Cinematográfica, mediante a programación de Ciclos de Cine, a realización de Conferencias e Seminarios, e o desenvolvemento de Cursos de Cine –durante o todo o ano académico-, nos que participarán especialistas da nosa universidade e de universidades foráneas.

Non se perderá de vista, a necesaria conexión que as nosas actividades deben ter coas diferentes disciplinas que se imparten na Universidade da Coruña (psicoloxía, socioloxía, humanidades...), así como a reflexión teórica sobre o cine e as súas relacións coas artes irmás, ou máis próximas –literatura, teatro, pintura, arquitectura-, resultando de todo isto, un enfoque interdisciplinar, afondando tamén na importante incidencia social e política, que como discurso artístico de masas que fai circular valores en maior medida que case ningún outro, ten a chamada arte do século XX.

Ciclo: Os novos cines dos anos 60(II).Free Cinema Británico - Ferrol

A Aula de Cinema e Imaxe da UDC organiza a segunda parte do ciclo adicado aos novos cinemas dos anos 60, neste caso centrado no "Free Cinema" br...
Extraterritorial, Vangarda, Experimental: O Outro Cinema Español (9 e 10 de xullo no CGAI e no Paraninfo da Reitoria da UDC)

Extraterritorial, Vangarda, Experimental: O Outro Cinema Español (9 e 10 de x...

A Aula de Cinema e Imaxe da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Comunicación da UDC e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) organizan un seminar...
Ciclo: A modernidade no cinema. Os novos cines dos anos 60. A Nouvelle Vague (Continuación)

Ciclo: A modernidade no cinema. Os novos cines dos anos 60. A Nouvelle Vague...

Continuación do ciclo adicado aos novos cines dos anos 60 e á Nouvelle Vague, organizado pola Aula de Cinema e Imaxe da Área de Cultura da UDC no Campus d...
Pie de la página Mapa Web Email Webmaster Universidade da Coruña