Castellano English

Abono DXT

Descripción do abono DXT, e das ventaxas que ofrece ós membros da UDC que decidan abonarse.

INFORMACIÓN XERAL
Para inscribirte nas actividades e usar as instalacións deportivas debes estar matriculado/a na UDC e presentar a tarxeta universitaria na Área de Deportes. Podes escoller entre inscribirte como abonado/a (1) ou como socio/a (2).

1. Abono Deporte: prezo 30 €
Inscricións gratuítas nas ligas universitarias, aluguer gratuíto das instalacións, descontos en escolas deportivas, descontos en actividades e cursos. Agasallo dunha camiseta.

2. Socio: gratuíto
Os socios poden participar en todas as actividades da Área de Deportes cunhas tarifas diferentes ás dos abonados.

Podes asociarte ou abonarte se es membro da comunidade universitaria:
alumnado de 1.º, 2.º e 3.º ciclo da UDC, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, estudantes de programas de intercambio, estudantes de doutoramento e de proxectos de fin de carreira, estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas e profesores e estudantes de bacharelato e FP de grao medio e superior (MiUDC).

Despois de participar en competicións e escolas poderanse validar créditos de libre elección (véxase a normativa académica).

Todas as actividades deportivas están suxeitas, para o seu correcto desenvolvemento, a un número mínimo de participantes. Consúltese no momento da inscrición.

A Área de Deportes reserva o dereito a modificar as actividades ou os prezos.

Pie de la página Mapa Web Email Webmaster Universidade da Coruña