Aberto o prazo de matrícula para o curso, "O Cinema de Luis Buñuel: a imaxinación en liberdade"
O cinema de Luis Buñuel: a imaxinación en liberdade.
Análise exhaustivo da obra do xenial director español, un dos maiores creadores da historia do cinema, na que traballaremos os seus primeiros filmes surrealistas (un can andaluz, a idade de ouro), os filmes máis importantes da súa etapa mexicana (Él, O anxo exterminador, Nazarín, Ensaio dun crime), francesa (Belle de Jour, A vía láctea) así como a súa experiencia en Hollywood (A moza), e os seus lamentablemente escasos pero fundamentais filmes en España (Tristana, Viridiana e As hurdes, terra sen pan).
Datas: a partir do 11 abril até o 15 de abril.
Duración: 20 horas
Horarios: luns a venres de 16 a 20 horas
Lugar: aula 2.5. de NORMAL, Espazo de Intervención Cultural de Riazor, Paseo de Ronda, nº 47, campus de Riazor. A Coruña
Inclúe proxeccións
Prezos: 35 euros comunidade universitaria/ 45 euros alléos.
Todos os cursos teñen créditos de libre elección
Profesor: Julio Pérez Perucha. Historiador e Presidente da AEHC (Asociación Española de Historiadores del Cine)
A inscrición pódese facer enviando un correo electrónico cos teus datos de contacto a aulacine@udc.es ou ben chamando aos tlfs. 981167000, exts. 3697/1975, en horario de 9 a 14 horas. Posteriormente podedes acudir á Oficina da Área de Cultura (Casa do Lagar, s/n, planta baixa, campus Elviña, de 9-14 horas) para formalizar a matrícula, para o cal tedes que recoller as follas de ingreso e entregar o exemplar azul ("exemplar para o centro") despois do ingreso da cota no banco ou caixa.
Máis información:
Aula Cinema e Imaxe UDC
tlf. 981167000. ext. 3697/1975/1954
aulacine@udc.es