Aberto o prazo de preinscrición no curso sobre "storyboard", que organiza a Aula de Cinema e Imaxe no campus de Ferrol

Xa está aberto o prazo do curso sobre a realización de storyboards, que impartirá Carlos Seijo, licenciado en Belas Artes e director de curtametraxes, organizado pola Aula de Cinema e Imaxe.

O curso trata de achegar as técnicas de deseño e confección dunha ferramenta tan práctica para a concepción e posterior rodaxe de toda clase de produtos audiovisuais como é o storyboard. Trátase de que o alumnos/as saiban converter as principais accións do guión técnico en ilustracións mediante o debuxo a modo de banda deseñada.

Datos do curso:

  • Preinscrición: aberta ate o día de inicio do curso. Para facer a preinscrición, podedes chamar á Ofina da Área de Cultura (exts. 3697/1975) ou escribir a aulacine@udc.es, e deixar os vosos datos.
  • Datas de realización: a partir do 4 de decembro, caso de acadar o nº mínimo de inscritos/as, caso contrario ampliarase o prazo.
  • Duración: 30 horas.
  • Horarios: 16.30 a 20.30 horas, todos os venres. ( excepto o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro, que será o mércores)
  • Matrícula: 35 € comunidade universitaria/ 45 persoas alleas.
  • Lugar: Edificio de Apoio ao Estudo. Campus Esteiro. Ferrrol.
  • Solicitados créditos de libre elección.